Curso de cociña asiática no Proxecto Garum, con Mark Wernink

Curso de cociña asiática no Proxecto Garum, con Mark Wernink

Mark Wernink volve ao Proxecto Garum de Santiago para un novo curso de cociña asiática. Será o domingo 29 e o luns 30 de setembro, a partires das 20.00, cun máximo de 14 asistentes por quenda.

Desta vez, prepararase:

KELAPA DAN SUP KEPITING (sopa de coco e cangrexo)

PO PIA (roliños de verdura)

MANIS DAN ASAM BABI (porco agridoce)

BERAS DENGAN SANTAN DAN MANGGA (mango con arroz con leite de coco)

O prezo é de 25 euros. É posible anotarse no propio local, por correo electrónico ou no 981 103 910.

Comparte...