Curso de iniciación do viño en Tui a cargo de Antonio Portela

Curso de iniciación do viño en Tui a cargo de Antonio Portela

O mundo do viño, a súa cata, viticultura e coñecemento de variedades e disciplinas de cultivo, así como os principios do seu servizo serán algúns dos contidos que se abordarán no curso “O viño. A orixe dunha emoción” que o profesor e catador Antonio Portela, vicepresidente da Asociación de Sumilleres de Galicia, impartirá en Tui no mes de decembro. Trátase dun curso de iniciación de tres xornadas de duración (4, 11 e 18 de decembro) que está dirixido a aquelas persoas que busquen emocionarse cos viños, ahodando no coñecemento das disciplinas que o rodean.

A formación, que se imparte en horario de tarde cun custo de 90 euros, ten como obxectivos proporcionar unha visión global do mundo do viño, aproximándose ás discilplinas que determinan o gusto final do viño e mostrar as claves que determinan a súa expresión e características.

Para solicitar máis información ou formalizar as incripciones poden facelo no info@bmformacion.es ou a través do teléfono 986 60 05 09

Comparte...