Cursos de cociña “Cociñas do Mundo” en Vilagarcía, con Marián Rodríguez

Cursos de cociña “Cociñas do Mundo” en Vilagarcía, con Marián Rodríguez

O Centro Comercial Arousa de Vilagarcía organiza os cursiños de cociña Cociñas do Mundo entre o 16 de maio e o 13 de xuño, con Marián Rodríguez  como docente.

Os cursos son de balde e celebraranse os xoves, de 20:00 a 21:00 horas, na segunda planta do centro comercial. As receitas poderanse consultar posteriormente na páxina de Facebook correspondente.

O 16 de maio, a primeira sesión será dedicada á elaboración de sushi; a cociña italiana e a pasta fresca protagonizará o segundo taller, que se levará a cabo o 23 de maio; o 30 de maio tomará o relevo a gastronomía tailandesa; a cuarta sesión será para a cociña chinesa, o 6 de xuño; e o peche o 13 de xuño contará coa cociña peruana como estrela.

As persoas interesadas en participar nos cursos de cociña deberán inscribirse previamente enviando un correo electrónico sinalando o obradoiro en cuestión. Tamén é posible por teléfono no 986 504 635.

Comparte...