Cursos de cociña en decembro, na Coruña e Boiro con Panepanna

Cursos de cociña en decembro, na Coruña e Boiro con Panepanna

Anna Mayer, Panepanna, organiza dous cursos de cociña o mes de decembro en Galicia, Boiro e A Coruña serán as sedes.

Trescatorce (Boiro)

1 de decembro de 19:30 a 22:30
25 euros

O obxectivo do curso de cociña é descubrir a cociña tex-mex, con Chili con carne, Fajitas con salsa verde e Burritos con queixo. Todo acompañado de tortillas mexicanas.

Para información ou reservas, cómpre escribir a info(arroba)panepanna.com

C. C. Los Rosales (A Coruña)
6 de decembro de 18:00 a 20:00
De balde
Curso de cociña de sobremesas italianas, pannacotta, que se preparará con froita de tempada e con ideas para as festas, e tiramisú, perfecto para días de inverno.

O taller é gratuíto, con 25 prazas que se ocuparán por orde de chegada.

Comparte...