Cursos de cociña en toda Galicia en novembro, con Anna Mayer

Cursos de cociña en toda Galicia en novembro, con Anna Mayer

Talleres de cociña en Ourense, Boiro, Santiago de Compostela, Vigo e ACoruña

Anna Mayer, Panepanna, imparte cursos de cociña en distintas localidades de Galicia en novembro.

En Dulce’s (Ourense), os días 7 de novembro de 17:00 a 20:00 e 8 de novembro de 11:00 a 14:00, cun prezo de 30 euros, o curso estará centrado na elaboración dun “verdadeiro té de inglés das cinco”; no que se elaborarán dúas variedades distintas de sándwiches – de cogombro e Coronation Chicken -, uns scones conclotted cream, unha marmelada de froita de tempada, unha sponge cake e té.

Máis datos e reservas nos correos electrónicos dulcespilar(arroba)gmail.com ou aslambonadasdomar(arroba)gmail.com 

En Trescatorce (Boiro), a cita será o 17 de novembro de 19:30 a 22:30 cun custo de 25 euros. A cociña tex-mex será a protagonista: Chili con carne, Fajitas con salsa verde, Burritos con queixo e Tortillas mexicanas. O correo de contacto é info(arroba)panepanna.com

La Molinera (Lalín) terá o 18 de novembro un taller de cociña india, de 19:00 a 22:00 horas. Teléfono de contacto, 981  84 63 67

SCQ Café Bar de Santiago tomará o relevo o 22 de novembro de 18:30 a 21:30 cun prezo de 25 euros. O curso de cociña terá moitas especias, iogur e fuxirá do picante. Os pratos: Raita de iogur e mazá, Arroz con améndoas e pasas, Pollo Korma e Lassi de cardamomo.

Información e reservas no teléfono 981 561 579 ou no correo electrónico scqcafebar(arroba)gmail.com

 En O’Sushi (Vigo), o  24 de novembro de 19:30 a 22:30 cun custe de 30 euros, o menú que se elaborará contén  Raita de iogur e mazá, Arroz con améndoas e máis pasas, Pollo Korma e Lassi de cardamomo.

Información e reservas, no tele´fono 607 675 184 ou  info(arroba)panepanna.com

O último curso de cociña será no Centro Comercial Los Rosales (A Coruña), o 29 de novembro de 18:00 a 20:00 e de balde.

O curso centrarase en como preparar un risotto: a técnica base, que arroz utilizar, por que, se se lle bota sempre queixo… Os pratos que se elaborarán serán Risotto alla parmigiana con limón e Risotto con chícharos.

Os dous pratos serán un Risottoalla parmigiana con limón e un Risotto con chícharos.

Como curso de balde, as 25 prazas cubriranse por orde de chegada.

Comparte...