A D.O Monterrei colabora coa UNED nunhas xornadas de política demográfica

A D.O Monterrei colabora coa UNED nunhas xornadas de política demográfica

A UNED Ourense celebrará o próximo 21 de abril en Verín as “ Xornadas de Políticas Demográficas e Despoboamento” que contan coa colaboración da D.O Monterrei, unha das cinco denominacións de orixe vinícolas galegas.

Estas sesións serán impartidas por profesores da Universidade de Santiago de Compostela e da Universidade de Vigo, como Carlos Ferrás Sexto ou Antonio Doval Adán. Nelas, abordaranse cuestións relativas ao problema poboacional de Galicia como o equilibrio demográfico, o estudo do modelo de estrutura demográfica ou a difícil situación da poboación no medio rural.

As Xornadas están destinadas a un máximo de 50 alumnos/as que se poderán inscribir a través da propia web da UNED Ourense.

Comparte...