A D.O. Monterrei estará presente na III Feira de Outono de Verín cunha Cata de Viños

A D.O. Monterrei estará presente na III Feira de Outono de Verín cunha Cata de Viños

Verín (Ourense), 15 de novembro de 2017. A D.O. Monterrei estará presente, este domingo 19, na terceira edición da Feira de Outono de Verín, a través dunha cata comentada dos seus tintos e brancos.

Dita actividade terá lugar a partir das 18.30 horas no restaurante O Souto das Candeas. Durante a mesma, os asistentes formarán parte dunha cata-maridaxe entre catro viños xenéricos da D.O. Monterrei e 4 tapas, elaboradas con produtos de outono da zona de Monterrei.

Esta cata será efectuada por Marina Cruces, sumiller do restaurante Nova, impulsora de “A emoción dos viños”, e subcampioa nos anos 2009 e 2011 do Campionato Galego de sumillers. Está destinada a un máximo de 15 persoas e para participar nela é necesario inscribirse no Concello de Verín (así coma abonar unha cota de tres euros).

A cata-maridaxe dos viños da D.O. Monterrei está enmarcada dentro do programa das actividades da III Feira de Outono, organizada para este fin de semana (18 e 19 de novembro), polo Concello de Verín. A mesma contará con actividades como conferencias, talleres de elaboración de pan para nenos e actuacións musicais, entre outras.

Comparte...