A D.O. Monterrei realizará un Túnel de Viño en Ourense

A D.O. Monterrei realizará un Túnel de Viño en Ourense

O vindeiro mércores 9 de maio a D.O. Monterrei levará a Ourense un Túnel de Viño. O evento terá lugar entre as 21 e as 22.30 horas na Queixería RS Delicatessen e servirá para dar a coñecer e poñer en valor os viños da D.O. na cidade.

A actividade está pensada para os profesionais do sector da cidade de Ourense (hostaleiros, catadores, blogueiros, distribuidores, prensa, docentes e alumnos de escolas de hostalería). Así ademais dunha degustación de viños, os asistentes poderán coñecer máis de preto cuestións relacionadas con esta Denominación de Orixe como son a historia, o clima ou as tipoloxías de uvas. Na proba de viños brancos e tintos poderanse degustar os viños de 23 adegas inscritas na D.O. entre as que se atopan Pazos del Rey, Pazo das Tapias, Boo-Rivero ou Tabú.

Os interesados en asistir ao evento deberán confirmar a súa asistencia a través do email emocionsventas@gmail.com ou no teléfono 628 240 488.

 

Comparte...