A D.O. Monterrei viaxa mañá a Ferrol cun Túnel do Viño

A D.O. Monterrei viaxa mañá a Ferrol cun Túnel do Viño

A D.O. Monterrei estará mañá en Ferrol cun Túnel do Viño. Trátase dunha iniciativa que reunirá, no ferrolán  Mesón Picasso a profesionais do sector, medios, distribuidores, integrantes de escolas de hostalaría e catadoras para gozar ao redor dos viños brancos e tintos desta denominación de orixe.

O experto Luís Paadín será o encargado de dirixir a cata e ofrecer explicacións sobre cuestións relacionadas co viño da Denominación de Orixe Monterrei tales como a súa historia, clima ou as diferentes variedades de uva.

Trátase dunha acción que se enmarca dentro da promoción que se está levando a cabo por parte da D.O. Monterrei e que xa estivo presente en cidades como Madrid, Barcelona ou  Bibao.

Na iniciativa que levará a cabo en Ferrol participarán diferentes adegas da D.O. Monterrei: Pazos del Rey, Ladairo, Gargalo, Castro de Lobarzán, Quinta do Buble, Crego e Monaguillo, Terras do Cigarrón, Triay Adegas de Oímbra, Pazo Blanco Núñez (Tapias Mariñán), Boo-Rivero, Manuel Guerra Justo (Vía Arxéntea), Concepción Paradela Martínez, Pazo de Valdeconde, Tabú, Franco Basalo, Alba Al-Bar (Daniel Fernández), Fausto Rivero Pardo (Quinta Soutullo) e Trasdovento.

Comparte...