Día Europeo do Enoturismo en la Ruta do Viño Rías Baixas, el 10 de noviembre

Día Europeo do Enoturismo en la Ruta do Viño Rías Baixas, el 10 de noviembre

A Ruta do Viño Rías Baixas súmase ao Día Europeo do Enoturismo con distintas accións para realizaren ao longo do domingo 10 de novembro.

Será unha xornada de portas abertas en numerosas adegas, con sorteos e visitas guiadas, así como a segunda edición do Concurso Afeccionado de Catadores, que servirá para aprender máis de viños no Salón José Peña de Cambados.

Entre as adegas que abrirán as súas portas están  Lagar de Besada, Mar de Frades, Terras Gauda, Zárate ou Pazo Quinteiro da Cruz.

Martín Codax tamén abrirá as súas portas pero, como atracción especial, nas súas instalacións terá lugar un showcooking con Rafael Centeno, do restaurante Maruja Limón (Vigo), e Alberto González Prelcic, do Silabario (Tui).

Pazo Baión, pola súa banda, ofrece un desconto do 50% nos prezos das súas actividades mentres que Pazos de Lusco sorteará unha comida entre aquelas persoas que os visiten ese día.

O Concello de Cambados estableceu dous horarios para estas visitas: 11 h e 17 h, así como un autobús para facilitar os desprazamentos.

A segunda edición do Concurso Afeccionado de Catadores servirá para ensinar nocións de cata aos interesados, que poderán gañar distintos premios cedidos por adegas e establecementos da Ruta do Viño Rías Baixas. A inscrición previa é gratuíta, a través deTurismo de Cambados ou da propia web de Ruta do Viño Rías Baixas. O concurso será ás 12:00 horas, no Salón José Peña de Cambados.

Comparte...