Día europeo do enoturismo coa Ruta do Viño Ribeira Sacra

Día europeo do enoturismo coa Ruta do Viño Ribeira Sacra

Achégase o Día europeo do enoturismo e, para celebralo, a Ruta do Viño Ribeira Sacra organiza unha xornada especial o domingo 13 de novembro. Para abrir a xornada hai programada unha ruta de sendeirismo polos “Soutos de Cesuris”, en Manzaneda, duns 11 kilómetos de lonxitude e dificultade media-alta. Rematada a ruta, os asistentes poderán gozar dunha comida no restaurante “La Viuda” de A Pobra de Trives, con produtos de temporada e viños da zona. A xornada pecharase cunha visita á bodega Adega Ponte da Boga, na localidade de Castro Caldelas.

O punto de encontro será ás 9 da mañá no aparcadoiro do Parque de los Condes de Monforte de Lemos, ou no punto de inicio da ruta en San Miguel de Bidueira. As inscricións para esta actividade, que ten un custe de 20 euros, xa están abertas no e-mail rutavino@ribeirasacra.org ou nos teléfonos 698 167 991 e 982 410 968.

Comparte...