O Corte Inglés acolle as IV Xornadas Gastronómicas do bacallau

O Corte Inglés acolle as IV Xornadas Gastronómicas do bacallau

O  Corte Inglés celebra ata o 6 de marzo as súas IV Xornadas Gastronómicas do bacallau. Durante este tempo, a carta do seu restaurante presentará unha variada oferta de pratos nos que este peixe é o principal protagonista.

Os comensais terán a oportunidade de degustar desde un carpaccio de bacallau, soldaditos de Pavía ou potaxe de garavanzos, a un bacallau á Vizcaína ou un arroz meloso con bacallau.

Ademais ofrecen outras receitas diferentes nas que destaca este produto. Deste xeito, poderase elixir entre a receita máis típica portuguesa, como é un bacallau dourado con patacas palla e cebolleta; a opción clásica do bacallau ao pil pil ou a proposta do bacallau asado con verduras escalibadas e crema de allo.

A oportunidade de realizar un saboroso percorrido polos mellores pratos elaborados con bacallau permitirá a todos aqueles que se acheguen aos restaurantes do Corte Inglés gozar dunhas exquisitas especialidades cociñadas con ingredientes de gran calidade polos mellores chefs.

Coa súa cuarta edición O Corte Inglés pretende seguir rendendo homenaxe a unha das variedades máis apreciadas da gastronomía española.

Estas Xornadas Gastronómicas terán lugar en máis de 50 restaurantes do Grupo El Corte Inglés, entre eles o da Coruña e o de Santiago de Compostela.

Comparte...