O mexillón, protagonista esta fin de semana en Cabo de Cruz

O mexillón, protagonista esta fin de semana en Cabo de Cruz

O mexillón será o protagonista deste fin de semana en Cabo de Cruz coa súa Festa de Exaltación do Mexilón que chega á súa XIV edición cunha dobre xornada. A partir das 12h do sábado terá lugar unha degustación de paella que irá acompañada doutras preparacións, como a empanada de mexillón ou o polbo á feira.

O día grande será o domingo, coa propia festa de exaltación, que comezará a partir das 13.30h na que se ofrecerán alternativas gastronómicas como Mexillóns en rede ao vapor, croquetas de mexillón con panko, patacas ali-oli con mexillóns e polbo ou mexillóns, lacón e cachelos á feira. A degustación estará amenizada pola música tradicional a cargo da Asociación Xuvenil Xilbarbeira. Ademais, haberá competitición de traiñeiras durante a xornada dominical,  promovida polo concello de Boiro e inchables para os máis pequenos.

Comparte...