O Restaurante Resas agasállanos cunha nova edición de “Comendo coas mans”

O Restaurante Resas agasállanos cunha nova edición de “Comendo coas mans”

Este xoves 21 ás 21 horas, os amantes da cociña mexicana teñen unha cita no restaurante Resas. Goza unha semana máis dunha experiencia gastronómica internacional a cargo desta nova edición de “Comendo coas mans”, na que os entrepáns reinarán como protagonistas.

Unha pequena carta de cervexas galegas artesanais compaxinada con diversas reinvencións de receitas mexicanas farán desta unha velada diferente.

“Taco de tenreira adobada”, “Taco de salmón mariñado” e “Taco vegano” serán as propostas que nos brinda o equipo de cociña, que da man dunha sesión DJ darán vida a esta XIII edición.

Comparte...