O espazo Vide, Vide! propón dúas novas catas nas próximas semanas

O espazo Vide, Vide! propón dúas novas catas nas próximas semanas

O espazo enocultural Vide, Vide! segue a propoñer diferentes actividade. Nas próximas semanas o espazo, situado na rúa da Fonte de Santo Antonio de Santiago, realizará dúas novas catas:

Degustación dos viños da Quinta de Arcossó

O próximo venres 25 de maio, ás 20.30 h, o espazo Vide, Vide! acollerá unha degustación dos viños da Quinta de Arcossó, un lugar único para a produción de viño. Este lugar está situado na Ribeira da Oura, no norte de Portugal, entre Vidago e Chaves, polo que a cata representa unha oportunidade de probar os viños da zona sen moverse de Santiago. O prezo desta cata será de 10 euros.

Túnel do 5º Aniversario

Vide, Vide! cumpre 5 anos no mes de xuño, polo que o sábado día 2 celebrará pola mañá e pola tarde, un túnel de viño na súa tenda. En horario de 12 a 15h e de 18 a 22h, os asistentes poderán degustar os viños de varios produtores de distintas zonas: Crusat, Cazapitas, Roberto Regal, Aristegui ou Xosé Lois Sebio.

A idea é simple: coller unha copa e degustar todos os viños que se desexen de entre as 25 marcas presentes. O prezo será de 5 euros e incluirá una copa de regalo, ademais dun desconto no caso de realizar algunha compra na tenda.

Ámbalas dúas actividades precisan reserva, que se realizará a través do email (info@videvide.net) ou do seu teléfono (981 58 29 11)

Comparte...