Exhibición de baristas arredor do café en Vigo

Exhibición de baristas arredor do café en Vigo

Mañá no Café Bar Belén, de Vigo (Avda. García Barbón, 103) entre as 16 h e as 18 h, realizarase unha exhibición barista aberta a todo o público con Marcos González e o focense Víctor Couto, asesor barista de Cafento e dúas veces Campeón Barista de Galicia. Ambos os dous profesionais mostrarán como preparar capuchinos decorados coa técnica do latte art e cócteles a base de café. Posteriormente os asistentes poderán degustar todas as elaboracións gratuitamente, e atenderán todas as dúbidas que se lles formulen.

Comparte...