Feira de Outono, con produtos e menús gastronómicos, en Allariz esta fin de semana

Feira de Outono, con produtos e menús gastronómicos, en Allariz esta fin de semana

Allariz acolle o sábado 12 e máis o domingo 13 de novembro, a súa vixésimo primeira Feira de Outono

O evento gastronómico ten por obxectivo promocionar, potenciar e valorizas os produtos de outono. Así no pavillón do Instituto de Allariz xuntaranse máis dunha trintena de produtores que venderán mel, cogomelos, noces, castañas e os seus derivados, entre outros.

Haberá unha exposición micolóxica, no Mercado de Produtos da Reserva da Biosfera, e charlas coloquio sobre cogomelos, concursos e demostracións de cociña en vivo e actividades para adultos e maiores, como o relatorio do micólogo  Alejandro Míguez.

Ademais, os restaurantes e taparías da vila ofrecerán menús e tapas elaboradas con produtos de outono.

Comparte...