A Feira do Viño do Ribeiro celebra a súa edición número 55 este fin de semana

A Feira do Viño do Ribeiro celebra a súa edición número 55 este fin de semana

Os próximos días 28,29,30 e 1 de maio de 2018 o recinto da Alameda de Ribadavia (Ourense) acollerá unha nova edición da Feira do Viño do Ribeiro. Un total de 36 adegas participarán na edición número 55 da Feira, para que os asistentes poidan degustar os viños da zona.

O sábado 28 será a inauguración da Feira do Viño do Ribeiro. O pregón correrá a cargo de Francisco Rego Martínez, experto en viticultura da comarca do Ribeiro. O evento contará con diferentes actividades como showcookings, talleres de cociña, concursos ou catas populares. Os máis pequenos terán tamén o seu propio espazo na Feira, con actividades como Ribeirolandia ou un taller artístico para crear un acio de uvas en cartón

As actividades, que finalizan o martes 1 de maio, teñen un programa completo baseado no viño, pero tamén en actividades paralelas para todos os públicos. A información completa do evento está dispoñible na súa web.

Comparte...