A Feira Etiqueta Negra reúne a máis de 60 Productores Gourmet Galegos

A Feira Etiqueta Negra reúne a máis de 60 Productores Gourmet Galegos

Do 28 ao 30 de outubro celebrarase en Pontevedra, no recinto feiral, a segunda edición da Feira Etiqueta Negra, na que participarán 67 produtores gourmet galegos cuxas propostas destacan pola súa singularidade, orixinalidade e calidade.

Durante estes tres días, de 11:00 a 20:30, poderanse coñecer tendencias, establecer contactos comerciais e, posicionar e difundir os produtos gourmet e delicatesen galegos. Ademáis, prestixiosos chefs como Iñaki Bretal, Rubén González, Gerson Iglesias… ou os Estrelas Michelín Yayo Daporta e Luis Veira, elaborarán sabrosas receitas con produtos galegos de alta calidade que conxugarán a tradición e autenticidade dos productos coa contemporaneidade e innovación da súa elaboración.

Tamén estarán presentes nesta edición da feira os centros de formación de hostalería desenvolvendo distintas actividades coma a gastroactividade “Produtos de etiqueta para un Orozamenú gourmet” do CIFP Carlos Oroza, ou as elaboracións que realizará o alumnado de “Hostalería do Salnés IX”.

Dentro da programación da feira atópanse tamén cinco talleres sobre o té galego que pretender dar a coñecer as posibilidades produtivas e de mercado deste cultivo feito con camelias da Estación Fitopatolóxica do Areeiro; a presentación de diversos produtos como o licor de mojito de Licores Berrimes, a cervexa de Mirabel ou a crema e xeados de Requeixo das Neves; concursos de fotografía gourmet; master class sobre cociña en miniatura e catas comentadas.

Comparte...