Presentación da LVII Festa da Lamprea no Mercado de Teis

Presentación da LVII Festa da Lamprea no Mercado de Teis

O venres 21 de abril ás 12 da mañana terá lugar no Mercado de Teis (Vigo) a presentación da “LVII Festa da Lamprea”, que se celebrará o último fin de semana de abril, por primeira vez como Festa de Interese Turístico Nacional.

En dita presentación desvelarase o nome do pregoeiro desta edición na que os visitantes poderán degustar numerosos pratos de “Casa Barcia” elaborados con lamprea ao estilo de Arbo, rechea e en empanada, e acompañalos dos mellores viños D.O. Rías Baixas.

Comparte...