A Festa do Viño de Barro celebra este fin de semana a súa edición número 39

A Festa do Viño de Barro celebra este fin de semana a súa edición número 39

Desde hoxe e ata o vindeiro domingo 17, Barro celebra a súa tradicional Festa  do Viño, que vai xa pola súa edición número 39. Así, o municipio encherase de actividades para todos os públicos ao redor do viño.

O venres 15 terá lugar a inauguración oficial do  XIII  Certame de Viños da Denominación de Orixe Rías Baixas. Claudia Favorecido Domínguez, mestra do CEIP Amor Ruibal,  será a encargada de dar o pregón a un espazo que contará con Túnel de Viño e cata popular, para que os asistentes poidan probar os viños da D.O. Rías Baixas.

Durante a xornada do domingo, a partir das 10.30 da mañá, os presentes poderán degustar unha cata de viños Rías Baixas albariños e colleiteiros. Ademais, a partir das 12.30, os asistentes poderán degustar de forma gratuíta sardiñas e viño.

O programa do evento complétase con diferentes actividades como animación para nenos, a VI  Xuntanza de  Vespas,  Lambrettas e Motos clásicas ou verbenas e concertos.

Comparte...