A Festa da Lamprea de Arbo celebra este fin de semana a súa edición número 53

A Festa da Lamprea de Arbo celebra este fin de semana a súa edición número 53

A LVIII Festa da Lamprea terá lugar os próximos días 27 e 29 de abril no Concello de Arbo. Esta nova edición da festa gastronómica máis antiga de Galicia, contará con varias degustacións, catas e comidas ao redor da lamprea.

O venres 27 de abril, día do inicio da Festa, terá lugar no espazo ARBOMOSTRA unha degustación do prato estrela do evento. A lamprea servirase en racións e a prezos populares. A comida estará acompañada dos viños pertencentes á D.O Rías Baixas. Pola noite haberá diversas actuacións no Centro Multiusos e na Praza do Mercado.

O sábado é o día grande da LVIII Festa da Lamprea. Os actos do día inícianse coa recepción de autoridades e por suposto co pregón. O presentador de TVE lucense Martín Barreiro será o encargado de dar o pistoletazo de saída oficial á festa. Despois do seu discurso producirase o coñecido como “Xantar da Lamprea”, que foi a orixe da festa no ano 1961.Pola noite a Festa contará con distintas actuacións musicais.

O último día do evento, o domingo 29, contará coa carpa de degustación aberta desde as 11.00 h. O cartel completo da Festa pódese consultar na páxina web do Concello de Arbo.

Comparte...