Vez para o Butelo na Fonsagrada

Vez para o Butelo na Fonsagrada

A Fonsagrada vive esta fin de semana a súa XVI Feira do Butelo.

O sábado 2 e o domingo 3 a celebración concentrarase na carpa, que abrirá de 10 da mañá ás 19:00 horas. Ademais de degustar o butelo ou botelo, os visitantes poderán achegarse a postos para artesanía e oficios tradicionais.

O sábado, a inauguración oficial acontecerá ás 12:00, sendo o paseo protocolario polos postos ás 13:00.

O domingo celebrarase a recepción de autoridades ás 12:00 horas e, dende as 12:30, actuará o grupo “Antaruxas e Sorteiros”.

Festa do Butelo da Fonsagrada

Tempo de Botelos e Androllas, en BenBlog

Comparte...