Formación antes do novo Campionato Barista Down de Galicia

Formación antes do novo Campionato Barista Down de Galicia

Na recta final para a celebración da IV edición do Campionato Barista Down de Galicia, que se celebra o domingo 27 de setembro, doce persoas formaranse en Compostela e Vigo para competir en dous equipos nesta iniciativa pioneira no mundo. Trátase de seis novos de Compostela e seis novos de Vigo, con síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais, que recibirán na semana previa á competición, de luns a venres, unhas xornadas de formación intensiva na profesión barista, para poder exhibir os seus coñecementos campionato barista.

A repercusión desta iniciativa, que comezou en 2012 impulsada por Cafento, foi tal que o representante dun proxecto canadense inspirado em os Campionatos Down (e vencedor dun importante concurso nacional em Canadá) visita Galicia para coñecer de primeira man a iniciativa.

Comparte...