Formación para hostaleiros sobre alérxenos alimentarios en Lugo

Formación para hostaleiros sobre alérxenos alimentarios en Lugo

A Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería e Turismo de Lugo (Apehl) ten prevista a celebración dunhas xornadas informativas sobre a adaptación dos establecementos hostaleiros á nova regulamentación no control dos alérxenos alimentarios.

A primeira terá lugar este venres, día 11, e a segunda o vindeiro día 15 de decembro, ambas na sede da Apehl, na rúa Ramón Montenegro, número 15, en horario de 09.30 a 11.30 horas.

As xornadas están destinadas aos socios da Apehl e son gratuítas. En cada unha delas daranse a coñecer os dereitos do cliente e as obrigas dos establecementos. Tamén se abordará a lectura e a interpretación de etiquetas e a adaptación de pratos.

As prazas son limitadas e cubriranse por rigorosa orde de inscrición. Para reservar praza, contactar coa Asociación no teléfono 982 226 912.

Comparte...