Proxecto Garum

Obraodiro de cociña asiática con Mark Wernink no Proxecto Garum

O Proxecto Garum, en Santiago de Compostela, preparou para o luns 4 de marzo un obradoiro de cociña asiática con Mark Wernink.

Durante as súas viaxes, Mark Wernink tivo a sorte de traballar  en lugares tan exóticos como Tailandia ou Bali.

Apuntan dende o Garum que “a cociña balinesa e tailandesa sorprende pola simplicidade  das  súas elaboracións, coidando ao  máximo as  presentacións, sen desmerecer a calidade do produto, aínda  que se trate de algo tan accesible como polo, peixe ou algo  tan básico para eles como o arroz”.

Elaboraranse: SATAY KUNG (espetadas de lagostinos crocantes); KHAO PAD PLA KAP PLA-MUK (arroz con peixe e luras); MEE KROP (fideos fritidos con polo e cogomelos); e máis GLUTEI TOD (sobremesa feita a base de plátanos fritidos)

O seu prezo, de 25 euros, inclúe obradoiro, degustación e bebida. Está dirixido a  todos os amantes  da cociña, dos novos  sabores e da cociña asiática en particular, e será o luns 4 de marzo, de  20.00 horas en adiante

O Garum Bistró está na compostelá Praciña das Penas, no seu número 1.

Comparte...