As Garzas acolle a “Rota das estrelas” portuguesa

As Garzas acolle a “Rota das estrelas” portuguesa

O restaurante As Garzas (Malpica) acollerá os días 18 e 19 de setembro a única presenza en España de “A rota das estrelas”, un festival gastronómico portugués que realiza accións en restaurantes do país veciño distinguidos pola guía Michelín.

Xunto co cociñeiro de As Garzas, Fernando Agrasar, cociñarán Dieter Koschina (Restaurante Vila Joya), Ricardo Costa ( The Yeatman, en Vila Nova de Gaia), Vitor Matos (ata este verán cociñeiro de Largo do Paço, en Amarante).

Os viños serán seleccionados por José Ferrer, embaixador gastronómico da D.O. Marco de Jerez.

Comparte...