Gastronomía leonesa nos Showcookings de Códax

Gastronomía leonesa nos Showcookings de Códax

A segunda xornada dos Showcookings de Códax, que se celebrará o domingo 27 de novembro, inclúe unha novidade importante: por primeira vez na súa historia o evento traspasará as fronteiras de Galicia para gozar coa gastronomía leonesa. A encargada de conducir a xornada será Yolanda León, chef do restaurante Cocinandos.

Os 40 participantes poderán degustar unha cociña moderna, que toma como referencia os sabores tradicionais de León. As creacións de Yolanda servirán para acompañar os viños albariño da adega Martín Códax: Martín Códax, Martín Códax Leas, Organistrum, Martín Códax Vindel e Martín Códax Gallaecia. A directora de enoloxía da adega, Karia Álvarez, será a encargada de explicar e comentar cada un dos viños probados.

O evento comezará ás 11 e media da mañá cunha visita ás instalacións da adega, na que os participantes poderán coñecer o proceso de elaboración dos viños que van degustar; e finalizará ás 3 e media do mediodía. As entradas están esgotadas e a asistencia aos menores de idade, prohibida.

Comparte...