Impulso da marca “Mel de Galicia” na III Xornada Informativa para apicultores e envasadores

Impulso da marca “Mel de Galicia” na III Xornada Informativa para apicultores e envasadores

A III Xornada Informativa IGP Mel de Galicia, impulsada polo Consello Regulador da Indicación Xeográfica Protexida Mel de Galicia, terá lugar o vindeiro sábado 23 de abril, de 10.00 a 14.00 horas, no Salón de Actos do Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Sergude, Boqueixón, A Coruña.

Durante o transcurso da cita informarase acerca da adaptación de apicultores e envasadores á acreditación do Consello Regulador, a aplicación da nova normativa comunitaria para produtos alimenticios e a importancia da marca no mercado, entre outros datos de interese para o sector apícola.

Consulta o programa da xornada aquí.

Comparte...