Comeza nova edición Incitus sobre novas tendencias e estratexias gastronómicas

Comeza nova edición Incitus sobre novas tendencias e estratexias gastronómicas

O próximo luns 26 de novembro, a partir das 19:15h, no Museo de Arte Contemporáneo de A Coruña (MAC) terá lugar unha nova edición de Incitus co workshopComo emocionar ao nuevo cliente gastronómico? Coñece as tendencias e estratexias dos grandes restaurantes” da man de dous grandes da restauración actual: Eva Ballarin e Jon Giraldo.

A iniciativa sen ánimo de lucro Incitus, que xa vai pola súa cuarta edición, pretende profesionalizar o sector hoteleiro en Galicia a partir das diferentes ópticas do sector. O taller, que está aberto a todos os públicos, ten como propósito formar e mentorizar a todos os seus participantes. A xornada terminará cunha clase impartida por Estrella Galicia na que todos os asistentes poderán aprender como tirar unha caña.

Incitus apoia proxectos con sede en Galicia que basean o  seu negocio na innovación, a creatividade e o emprendemento; polo que o gañador, elixido na gala final, será premiado coa financiación necesaria para levar a cabo o seu proxecto soñado. Exemplo disto foron os restaurantes Koh Lanta, Pracer e Nana Pancha, gañadores das tres últimas edicións, e que abrirán as súas portas proximamente na cidade herculina. Desde Incitus invitan así, a todo aquel que o desexe, a participar de forma gratuita mediante previa inscripción a través do seu correo electrónico.

Comparte...