Inés Abril pecha os Showcookings de Códax

Inés Abril pecha os Showcookings de Códax

Inés Abril, chef do prestixioso restaurante Maruja Limón, será protagonista o domingo 4 de decembro do último Showcooking de Códax, que pecha esta edición tras as xornadas de cociña en directo con Beatriz Sotelo, do restaurante A Estación de Cambre e con Yolanda León, do restaurante Cocinandos.

Abril, vencedora do IX Campionato Galego de Cociñeiros e participante no concurso televisivo Top Chef, leva máis de 10 anos traballando para o restaurante con estrela Michelín Maruja Limón de Vigo. Na xornada do domingo propoñerá a súa visión fresca pero respectuosa coas tradicións da cociña galega, buscando harmonizar as súas creacións cos viños propostos pola adega Martín Códax para a súa degustación: Martín Códax, Martín Códax Lías, Organistrum, Martín Códax Vindel e Martín Códax Gallaecia. Os viños serán, ademais, comentados durante a xornada por Katia Álvarez, directora de enoloxía deste viño con D.O. Rías Baixas.

As entradas para a última xornada, que comezará ás 11 e media da mañá, están novamente esgotadas: en total, vendéronse 120 para os tres días de ciclo. O 10% do recadado no despacho de billetes irá destinado a colaborar coa Asociación Española Contra el Cáncer e, en concreto, para a loita contra o cancro de mama.

Comparte...