Xornada informativa na Ribeira Sacra sobre a regulación do potencial da produción vitícola

Xornada informativa na Ribeira Sacra sobre a regulación do potencial da produción vitícola

O Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Monforte de Lemos acolle o venres 26 de febreiro unha xornada informativa sobre o potencial de produción vitícola, na que se profundará sobre o Real Decreto 740/2015 que regula o potencial de produción vitivinícola.

O obxectivo desta xornada é dar a coñecer a normativa que regula os procedementos a través dos cales se pode solicitar autorización para novas plantacións, autorización para re-plantacións e conversión dos dereitos de plantación de viñedo en autorizacións posto que a entrada en vigor desta normativa supón unha modificación dos trámites relacionados coa xestión do Rexistro Vitícola de Galicia.

Promovida polo Consello Regulador do D.O Ribeira Sacra, a xornada será impartida polo xefe do Servizo de Explotacións Agrarias de Lugo, Pablo Igrexas López.

Comparte...