Xornadas de Cinema, Viño e Cultura en Pepe Mantequilla

Xornadas de Cinema, Viño e Cultura en Pepe Mantequilla

A adega urbana Pepe Mantequilla, de Vigo, levará a cabo unhas xornadas sobre cinema, viño e cultura, durante maio e xuño

Os comentarios do condutor das xornadas, o profesor Xavier Castro, farán referencia á temática que centre en particular o interese de cada unha das sesións, abordando cuestións relacionadas coa cultura do viño e a temática gastronómica vinculada con ela que, ademais, se intercalaraán coas achegas tanto de distinguidos adegueiros como do vitivinicultor Julián Rodríguez.

As datas das xornadas son as seguintes:

  • Xoves, 12 de maio: Bos Aires de Borges, Seoane, Castelao e Gardel. Fronteira Sur. Adega: Condes de Albarei. Pazo de Baión.
  • Xoves, 19 de maio: Nova Iorque (Greenwhich Village) e a Xeración Beat: On the Road. Adega: Arco da Vella.
  • Xoves, 2 de xuño: Lisboa e ville blanche e Fernando Pessoa. Marcello Mastroianni: Sostiene Pereira. Adega: (pendente de concretar).

As sesións do 12 e 19 de maio serán de 20.30 a 22.15 horas. A reserva ten un prezo de 12 euros e dá dereito a varios viños e tapas. Mentres, a do 2 de xuño será de 21.30 a 23.30 horas e terá un prezo de 20 euros, incluíndo varios viños e cea. Pódese adquirir a entrada no local ou por teléfono (986 136 580).

Comparte...