Feirón do Galo de Nadal e Xornadas Gastronómicas do Galo, en Arteixo esta fin de semana

Feirón do Galo de Nadal e Xornadas Gastronómicas do Galo, en Arteixo esta fin de semana

Cita en Arteixo coa gastronomía do galo de curral, xornadas gastronómicas e feirón

Arteixo acolle o seu tradicional Feirón do Galo de Nadal o sábado 20 de decembro, na Praza do Balneario, que neste 2014 acada a súa edición número 23. Cada ano, esta cita co galo de curral atrae a moita xente ata a vila.

Ademais, durante a fin de semana da Feira do Galo,  os días xoves 18, venres 19 e  sábado 20 de decembro, celebraranse as terceiras Xornadas Gastronómicas do Galo, nas que participarán distintos locais de hostalaría que ofrecerán pratos e tapas co galo como ingrediente estrela.

Nesta data, moitos vendedores acoden ao mercadiño dos sábados con galos criados por eles mesmos e entran así como participantes no Concurso onde o xurado elixirá 5 dos mellores exemplares.

Haberá rifas para o sorteo de distintos galos gañadores, e o recadado irá para unha organización con  fins sociais.

arteixo-galo-curral-cartel

Comparte...