Hoxe comezan as xornadas vexetarianas no Oca Porta do Camiño de Santiago

Hoxe comezan as xornadas vexetarianas no Oca Porta do Camiño de Santiago

Desde hoxe día 2 e ata o domingo 5 de maio ao medio día, o restaurante Golden Goose do hotel Oca Puerta del Camino de Santiago, ofrecerá unha opción vexetariana en cada unha das súas comidas a todos os seus comensais. Este menú constará dun aperitivo, un primeiro, un segundo e unha sobremesa, ademais de café e bebida. Como valor engadido, todos aqueles que se hospeden no hotel durante eses días, poderán gozar tamén dunha opción vexetariana no almorzo.

Ademais, como broche ás xornadas, o sábado catro de maio, a nutricionista clínica e deportiva Marisol Filgueira dará unha charla ás doce e media do mediodía que resolverá as dúbidas de todos os asistentes sobre esta dieta, que se converteu nos últimos anos nun estilo de vida. Seguidamente, ofrecerase un menú degustación aos asistentes á xornada.

Estas xornadas enmárcanse no programa do vinte aniversario que o hotel Oca Puerta del Camino. Ata final de ano celebraranse diferentes actividades ao longo do que queda de ano, que buscan abrir o establecemento á cidade de Santiago e a toda Galicia, tendendo pontes coa cultura, o ámbito dos negocios, a comunidade educativa e o deporte.

Comparte...