A Asociación Galega de Apicultura fai balance da campaña Stop Velutina en Ortigueira

A Asociación Galega de Apicultura fai balance da campaña Stop Velutina en Ortigueira

Nesta primeira fase capturáronse 10.000 raíñas de avispa asiática e participaron 400 persoas nas sesións informativas.

A Asociación Galega de Apicultura (AGA) organiza unha xornada de sensibilización en Ortigueira sobre a avispa asiática ou Vespa Velutina co obxectivo de facer balance dos danos que estás a sufrir o sector apícola como consecuencia desta praga. O evento, que se celebrará este domingo entre 11h e 20h, encádrase dentro da campaña Stop Velutina, da que se fará balance e proporanse novas medidas para este verán e outubro que poidan limitar os danos que produce.

A campaña Stop Velutina foi iniciada por AGA a comezos deste ano co obxectivo de ofrecer información e contribuír a evitar a propagación desta especie. Terminada a primeira fase da campaña, os resultados foron positivos: máis de 400 persoas tomaron parte nas diferentes sesións informativas organizadas e capturáronse preto de 10.000 raíñas de Velutina coas 1500 trampas habilitadas.

A xornada está promovida por DAGA Ortegal, a delegación de AGA nesta comarca, e conta coa colaboración do Concello de Ortigueira e o Museo Ortigalia. A continuación detallamos o programa completo do acto, que se celebrará no Museo Ortigalia:

– Ás 11 h.: Inauguración e presentación do programa.

– Ás 11.15 h.: Información da campaña de divulgación e captura de avispas fundadoras durante a pasada primavera. Por AGA e DAGAS.

– Ás 12 h.: Situación actual e previsión futura. Por AGA, DAGAS, 112 e apicultores afectados.

– Ás 12.30 h.: Posibilidades e mecanismos de control que se están pondo en práctica. Uso do vapor de auga. Contratación de seguros por parte de AGA. Coa intervención de concellos, empresas de control de pragas, compañía de seguros e DAGAS.

– Ás 14 h.: Xantar

No Centro Social de San Roque:

– Ás 16 h.: Elaboración do programa a levar a cabo para o verán e outono contando coa opinión dos asistentes.

– Ás 18 h.: Demostración de campo do uso de pértegas para a destrución de niños.

– Ás 20 h.: Clausura

Comparte...