A coctelería, protagonista na zona de bar de Manso da man de Arehucas

A coctelería, protagonista na zona de bar de Manso da man de Arehucas

O restaurante Manso acollerá os próximos venres 2 e sábado 3 de novembro, na súa zona de bar, unha demostración de coctelería da man de Ron Arehucas. Deste xeito, os clientes poderán gozar en directo do traballo dun barman profesional de dilatada experiencia, ao que poderán solicitar combinados ao seu gusto que teñan como base o ron anello especial de 18 anos co que se traballará no evento.
Esta actividade será gratuíta ambas as xornadas, podendo participar quen o desexe en horario de 21 h a 00:30 h ata completar aforamento.
O bar de Manso, que se sitúa na planta inferior deste restaurante compostelán, dispón dunha oferta culinaria máis informal que ten como protagonistas as tapas con selo do chef Alberto Lareo. Ademais, este espazo acolle de maneira habitual outras actividades como catas, degustacións e exposicións, que adoitan contar cunha base gastronómica pensada para cada ocasión.
Comparte...