A D.O. Monterrei colabora no curso da  UNED Ourense ‘Los mercedarios en el valle de Monterrei’

A D.O. Monterrei colabora no curso da  UNED Ourense ‘Los mercedarios en el valle de Monterrei’

A D.O. Monterrei colabora no curso ‘ Los  mercedarios en el valle de Monterrei’ ofrecido pola UNED Ourense durante os días 29 e 30 de xuño.

O curso pretende dar a coñecer a historia da Orden de los Padres Mercedarios no val de Monterrei e conmemorar os 800 anos da súa fundación, abordando a súa historia e a súa iconografía entre outras cuestións relacionadas coa zona.

O curso constará de 10 horas lectivas e os participantes poderán obter créditos por asistir ao mesmo (0,5 créditos  ECTS para estudantes  UNED e 0,3 créditos para estudantes UVigo). As clases, celebradas no Parador Nacional de Monterrei, estarán impartidas por profesores da Universidade de Vigo e a Universidade Pontificia  Gregoriana de Roma, como Jesús de  Juana López,  Enrique Moura González ou Francisco Javier Pérez

O número de prazas está limitado a 40 e os interesados poden inscribirse  online.

Comparte...