A D.O. Monterrei estará presente en INTUR e no Salón Náutico de París

A D.O. Monterrei estará presente en INTUR e no Salón Náutico de París

Os viños da D.O. Monterrei estará presente as próximas semanas nas feiras de INTUR e o Salón Náutico de París, formando parte do stand institucional da Axencia Galega de Turismo. E non o fará unicamente a través de material promocional, senón tamén con catas e degustacións para todos aqueles que se acheguen ao pavillón galego.

No caso de INTUR, a 21ª Feira Internacional do Turismo de Interior celebrarase dende o xoves 23 de novembro ata o 26 de novembro; e nela daranse cita institucións públicas, empresas e profesionais relacionados co turismo de interior. Mentres que o Salón Náutico de París, que terá lugar do 2 ao 10 de decembro, acollerá as principais novidades para os afeccionados dos deportes acuáticos.

A presidenta do C.R.D.O. Monterrei, Lara da Silva, comentou que “A participación nestas iniciativas, promovidas dende a Axencia Galega de Turismo, permiten que Monterrei e os seus viños estean presentes en feiras ás que non se acode de modo individual”, e que “se trata de dúas citas importantes, unha por ser un salón que congrega a máis de 750 expositores de todo o mundo, e a outra por ser a principal feira de turismo interior, que ademais este ano aposta con forza polo enoturismo”.

Comparte...