Laza vive a súa Festa da Cachucha, Licor Café, Bica Branca e Xastre

Laza vive a súa Festa da Cachucha, Licor Café, Bica Branca e Xastre

O concello de Laza vive o venres 8 de febrero a súa VII Festa Gastronómica da Cachucha, Licor Café, Bica Branca e Xastre, no pavillón de deportes municipal, ás 21:00 horas.

Trátase dunha celebración enmarcada no Entroido, con 800 persoas como aforamento máximo e un prezo de 17 euros. O Restaurante Brasil será o encargado de servir as viandas. A organización preparou un servizo especial de autobuses que realizará rutas dende Verín.

É un motivo máis para achegarse ao tradicional triángulo máxico do Entroido ourensano.

Comparte...