O “lechazo” asado, protagonista das Xornadas Gastronómicas de El Corte Inglés

O “lechazo” asado, protagonista das Xornadas Gastronómicas de El Corte Inglés

O “lechazo” asado será protagonista, do 24 de novembro ao 4 de decembro, das 5ª Xornadas Gastronómicas organizadas polos restaurantes El Corte Inglés. Así, os grandes almacéns ofrecerán nos seus establecementos de toda España pratos típicos da cociña de Aranda del Duero; nunha colaboración que ten como obxectivo reforzar o posicionamento da localidade como destino turístico.

Rafael Mikel, propietario do Restaurante Asador Casa Florencio de Aranda del Duero, será o encargado de presentar no centro de Santiago de Compostela o menú que poderán degustar os comensais. Estará composto por morcilla de Burgos, pementos asados, ensalada da Rivera, “lechazo” asado, milfollas con crema, e “torta de la Ribera”; aderezado ademais polo viño tinto Crianza Legaris, da D.O. Ribera del Duero.

Comparte...