Tapas en Lugo co seu concurso de tapas

Tapas en Lugo co seu concurso de tapas

O Concurso de Tapas de Lugo vivirá a súa novena edición do venres 13 ao o 30 de setembro.

Son 44 os establecementos participantes que concorren cunha única tapa, a degustar en horario de 13.00 a 15.30 e de 20.00 a 22.30 horas e cun prezo que oscilará entre un e tres euros.

O público será quen escolla ao gañador do concurso cos seus votos; e tamén asignará os premios das categorías Marqués de Cernadas, á mellor tapa elaborada con este queixo con denominación de orixe do Cebreiro, e Ecolóxica, á mellor tapa preparada con produtos certificados polo Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica de Galicia CRAEGA.

Deses votos do público sairán os dez locais finalistas entre os que o xurado profesional outorgará os premios das categorías Tapa Creativa, Tapa Tradicional, Maridaxe con viño da Ribeira Sacra e Maridaxe con cervexa Estrella Galicia.

Entre as novidades para esta novena edición do Concurso de Tapas de Lugo, tres participantes compiten con tapas sen glute aptas para celíacos e permítese pagar con pesetas.

Quen visite un mínimo de tres establecementos e tome parte do concurso entrará no sorteo dun amplo abano de premios, como rutas en catamarán, catas na Ribeira Sacra, estancias en hoteis, ceas en restaurantes… Os que selen os 44 locais entrarán no sorteo dunha viaxe dunha semana para dúas persoas.

A cita está organizado pola APEHL Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e patrocinada polo concello de Lugo e súmase a un setembro cheo de citas coas tapas, como o Picadillo da Coruña.

Comparte...