O luns degustáronse os 20 pratos finalistas para o receitario de Pereira

O luns degustáronse os 20 pratos finalistas para o receitario de Pereira

Actualización 15.11.2016

O concursoLas mejores recetas de la cocina gallega, organizado por Pereira Produtos del Mar, chegou ao seu fin o luns coa selección dos 10 mellores pratos que a empresa incluirá no seu receitario. A selección realizouse no restaurante “Las tapas de Jose“, en Vigo, dende as 11 e media; cun xurado formado por profesionais da cociña, hostaleiros, xornalistas e blogueiros gastronómicos: Fernando Franco, xornalista; Inés Abril, chef restaurante Maruja Limón; Marián Rodríguez, profesora de cociña, chef e experta en alimentación e nutrición; Celia Cabrera, chef; José Luis Oliveira, bloguer gastronómico “As pequenas viaxes e algo de gastronomía”; e Pepe Domingo González, responsable de Catering Don Pepe e vicepresidente de Restauración da Asociación Provincial de Hospedaje de Pontevedra.

Os 10 gañadores do concurso daranse a coñecer a principios de decembro, coincidindo coa presentación do receitario. Ademais de aparecer no libro, o primeiro clasificado recibirá como premio 1.000 euros en metálico; o segundo clasificado, 750 euros e o terceiro, 500 euros.

Comparte...