Mañá comeza a VI Feira de Tapas de Vilagarcía

Mañá comeza a VI Feira de Tapas de Vilagarcía

O parque Miguel Hernández será o escenario, mañá, de a orixinal e sempre concorrida Feira de Tapas de Vilagarcía, que tira dun formato diferente para promover a hostalaría da localidade. Nesta sexta edición serán 10 os establecementos que ofrecerán aperitivos aos asistentes e, á súa vez, competirán polos mandís de ouro, prata e bronce. O xurado estará composto por un gastrónomo, un cociñeiro, unha xornalista, un membro da asociación de hostalería local e un representante do concello.

O prezo por cada petisco é, como anos anteriores, de 2 euros. As copas de viño venderanse a 1,80, a cana a 1,60, o botello de auga a 1 euro e a botella de viño, 10 euros. Os estands abrirán ao público cara ás oito da tarde o venres, ata as 24 horas. O sábado a feira comeza de 13 a 16, e de novo de 20 a 24 horas. O domingo repetirase o horario do día anterior, aínda que as casetas botarán o peche ás 11 da noite.

Comparte...