O Restaurante Manso ofrecerá cocido e menú especial polo Entroido e San Valentín

O Restaurante Manso ofrecerá cocido e menú especial polo Entroido e San Valentín

O restaurante Manso do Ensanche santiagués tamén se suma ás celebracións de datas tan sinaladas como son Entroido e San Valentín, que se suceden mañá martes 13 e mércores 14 de febreiro. Así, durante a próxima semana incluirá algunhas elaboracións que non se atopan habitualmente na súa carta.

Con motivo da celebración do día grande do Entroido en Santiago de Compostela, o chef Alberto Lareo preparará un cocido tradicional nos salóns do seu restaurante. O día escollido para realizar esta elaboración tan propia da cociña galega é o martes 13 de Entroido, xa que é un prato típico da festividade. Utilizará para iso produtos de alta calidade e que forman parte da receita máis clásica do cocido, adquiridos, como é habitual en Manso, a provedores locais da capital galega. Para poder asistir a esta xornada é necesaria a reserva previa, que pode facerse a través do teléfono ou correo electrónico de contacto do restaurante.

Os salóns de Manso tamén se prepararán para acoller a aquelas parellas que queiran celebrar dun xeito especial o día de San Valentín o mércores 14 de febreiro. Para iso, elaboraron un menú específico para a ocasión cun prezo de 49€ por comensal e que inclúe, ademais do pan, a bebida e o café, os seguintes pratos:

Paté de sardiña e auga de mar

Sopa Emulsionada de Maiz

————–
Usukuzuri de robaliza salvaxe marinada
Salpicón de centola e boi con aguacate
Alcachofas con papada á brasa e emulsión de allo negro

————–

Bacoriño á brasa con ñoquis, curry e raíces

————–
Milhojas de amorodos chocolate branco e Campari

Comparte...