Mascletá valenciana: O mestre arroceiro Cuquerella, na Curtidoría de Santiago

Mascletá valenciana: O mestre arroceiro Cuquerella, na Curtidoría de Santiago

O restaurante A Curtidoría de Santiago celebra desde hoxe e ata o día 12 de maio unhas xornadas que denominaron Mascletá Valenciana, onde poñerán aos fogóns a experiencia atlántica deste local e o coñecemento do mestre Adolfo Cuquerella, en dúas semanas nas que o arroz será o protagonista.

Nestes quince días, os martes poderase probar o arroz de rodaballo, coa variedade Bahía e sepia, alcachofa e trufa negra. Os mércores será a quenda para o arroz de salmonete, con luriñas, sepia e xudía verde (variedade Bahía). Os xoves, a variedade Marisma e o arroz de robaliza con sepia, gamba pelada e coliflor. Os venres os asistentes poderán probar a variedade Albufera raíña no arroz de gamba vermella con sepia, gamba pelada e coliflor. Os sábados, o arroz de coello combinará a variedade Argila con verduras e caracois. Os domingos, por último, poderase gozar da tradición da auténtica paella valenciana elaborada con arroz de Sueca, de máxima calidade.

Pratos con alma e produto galego que contarán, tamén coa boa man de Adolfo Cuquerella, chef do Restaurante La Granja de Sueca, mestre arroceiro e tamén membro da Confraría do Arroz, credenciais que lle converten nun dos de cociñeiros do país con maior coñecemento na elaboración deste prato.

Comparte...