“Matices”,  un cuidado maridaxe entre gastronomía e música en Lugo

“Matices”, un cuidado maridaxe entre gastronomía e música en Lugo

Patricia Fernández. O nome venlle perfecto, xa que esta iniciativa está chea precisamente de iso, de matices. Un evento de carácter case íntimo, do que so se puxeron á venda 30 entradas e que se celebrará o próximo xoves 26 de maio en La Ferretería, en pleno casco histórico lucense.

A combinación que ofrece non pode ser mellor, xa que xunta gastronomía, co maridaxe de cinco viños e o mellor do panorama musical galego, representado por Eladio Santos, do grupo vigués Eladio y los seres queridos, o tamén vigués Nicolás Pastoriza e o chef que nesta ocasión exerce unicamente de músico, Pepe Solla. O sumiller encargado de conducir a cata será Juanjo Figueroa. A cousa promete…

matrices-2

Comparte...