Semifinal do concurso de Mellor Sumiller de España en Cava para Galicia, o 22 de outubro

Semifinal do concurso de Mellor Sumiller de España en Cava para Galicia, o 22 de outubro

O cava volve a Galicia coa semifinal do do concurso Mellor Sumiller de España en Cava, en Santiago de Compostela o próximo 22 de outubro no hotel AC-Palacio do Carmen.

O Consello Regulador do Cava celebra esta cita, a sétima en Galicia, á que xa se poden apuntar os profesionais e interesados.

O concurso ten como obxectivo a colaboración na formación dos profesionais do servizo en España e a profesionalización do coñecemento do cava.

A gran final terá lugar en 2014 e servirá para escoller o ‘Mellor Sumiller de España en Cava’.

Os interesados en participar deben contactar co Consello Regulador do Cava ou coa Asociación de Sumilleres Gallaecia no seu correo electrónico.

Comparte...