Melidefest, cervexas artesás en Melide

Melidefest, cervexas artesás en Melide

Melide acolle os días 23 e 24 de novembro o Melidefest unha feira de cervexas artesás galegas, en horario de 12 da mañá a 12 da noite; dependendo das condicións do día celebrarase no Cantón de San Roque ou no Pazo de Congresos da vila.

Estarán presentes as cervexas artesás Dama Alaricana, Keltius,Menduiña, Peregrina, Saramagal, De Lago e Áncora; e poderán degustarse os pratos elaborados por Distribucións Carrizo para a cita: un refogado a lume vivo de cogomelos e unha hamburguesa de tenreira de raza cachena.

Como actividades paralelas, haberá música o sábado co grupo Estoupacaldeiros e a exposición da pintora Inia Vilar.

Comparte...