Melide de Tapas, ata finais de xuño

Melide de Tapas, ata finais de xuño

Melide de Tapas chega á cuarta edición da súa proposta de pinchos organizada por Asetem-CCA Melide

Son un total de 18 locais os participantes neste certame no que non faltarán as votacións dos clientes para puntuaren as tapas, un xurado profesional e distintos premios para quen se achegue a probalas. Entre os premios hai lotes de produtos ibéricos, estanzas no Pazo de Eidián (Agolada)…

As tapas poden degustarse os fins de semana do que queda de mes de xuño, os venres, entre as 20:00 e as 23:00 horas, e os sábados, de 13:00 a 15:00 e de 20:00 a 23:00 horas).

Comparte...